Este blogue xurde como unha forma de visibilizar o traballo que o IES Pedra da Auga está a desenvolver en prol da igualdade dende que, como centro de ensino da Rede PEA-UNESCO, adquirimos este compromiso ao sumarnos ao proxecto Rede de Centros Coeducativos.
Consideramos o ámbito escolar, como espazo de relación privilexiado para a construción dun novo modelo de convivencia entre homes e mulleres, que garanta a plena e total participación destas e daqueles nun plano de igualdade, e para a detección e prevención de desigualdades.
Po isto pretendemos desenvolver una estratexia coeducativa que promova cambios nas relación de xénero que permita corrixir estereotipos sexistas e condutas discriminatorias, tendo como obxectivo último a prevención do gran problema social que é, a violencia de xénero, xa en idades temperás.