Somos a Biblioteca PdB do CEIP Ponte dos Brozos en Arteixo, o centro escolar máis grande de Galicia. Contamos cun total de mil censetenta alumnos/as e máis de 80 mestres/as con iniciativas, costumes e xeitos de traballar diferentes, probando novas ideas no eido da educación.
Formamos parte da Rede PLAMBE de Bibliotecas Escolares de Galicia e facemos noso o compromiso LIA de toda biblioteca escolar. Somos parte tamén do Proxecto Arteixo Innovación que aglutina a todos os centros do concello nun compromiso coa innovación educativa e o uso das TICs.
Traballamos cun Proyecto Documental Intedrado( PDI) anual que formulamos como retos que cada grupo ten que pasar (gamificación). Este ano o noso proyecto é Territorio das Artes.
O blog é a porta que abrimos ao mundo: o corazón do centro do que parten e ao que chega todo o que sucede no cole.
Ese moucho que vedes nas fotos é Brociños, a nosa mascota. Vive nas fragas de Sisalde, moi preto do noso centro e din por Arteixo que, moitas noites, visita a nosa biblioteca para ler as nosas novidades. Sempre está ao tanto do que se coce no noso centro.
Editors: María Ces Couto , Grupo de Edición de Edublogs · Espiral, Educación y Tecnología
Etiquetes:
0 comentaris
Vols comentar? Registra't o inicia sessió